Cea e queimada do Curso Livre de Galego A2

18 Febreiro, 2010 (12:27) | CL A2 2009-2010 | No comments

Puxemos fin ao Curso Livre de Galego A2 da mellor maneira posíbel, cunha cea e unha queimada á luz das candeas recitando conxuros… Aquí podedes ver algunhas fotos desta memorábel noite, ateigada de anécdotas, ben doces, por certo!

 

A lingua das bolboretas

4 Febreiro, 2010 (19:02) | Comentarios sobre filmes | No comments

A lingua das bolboretas

(Comentário da alumna Patrícia Mussi Escobar do Curso Livre de Galego A2 sobre o filme A lingua das bolboretas)

                 

Un filme incríbel, cheo de metáforas e que busca en conxunto con estas mostrarnos un pouco da historia de Galicia no arduo período da ditadura de Franco.

Unha película cuxo título e símbolo é a bolboreta, ser fráxil como a lingua galega o era.

A bolboreta tan bela e fráxil como a Galicia e o seu idioma. Lingua que naqueles tempos franquistas foi obrigada a sucumbirse á cultura advida de España e ao idioma español. E así como a bolboreta os galegos tiveron que metamorfosearse e asumir en lugares públicos a linguaxe do opresor, era preciso máis que deixar de ser republicano, deixar de ser galego.

As bolboretas que non perderon a lingua foron cazadas porque propagaban o néctar da palabra e das ideas.

Mais o néctar non se pode matar e é o néctar galaico-portugués a proba do que nin a ditadura, nin ninguén conseguiu apagar.

Curso Livre de Galego B1

3 Febreiro, 2010 (16:16) | Sen clasificar | No comments

O Centro de Estudos Galegos do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho informa de que vai abrir o praço para a inscrição no Curso Livre de Galego (Nível B1) a partir do 1 de Fevereiro. O curso dará começo no 2 de Março em horário:
 
Terça-feira: 18h – 20h
 
Quarta-feira: 18h – 20h
 
Este curso tem uma duração de 50 horas. Ao estar subsidiado pelo Governo Galego, está isento de propinas e unicamente haverá de pagar a inscrição: 35 euros.
 
Mais informação em: http://www.ilch.uminho.pt/Default.aspx?tabid=4&pageid=53&lang=pt-PT
 
 
Ademais, desde o ano passado estão a se celebrar na Universidade do Minho as provas para a obtenção do Certificado oficial de Língua Galega (CELGA). Este certificado é requisito imprescindível para muitos postos de trabalho na Galiza, nomeadamente os relativos à Administração Pública, Educação, Serviços de Saúde, etc.
 
Mais informação sobre o CELGA: http://www.xunta.es/linguagalega/celga
 
O praço para se inscrever nestas provas acaba no 25 de Março e os exames terão lugar nas seguintes datas: 22, 23, 29 e 30 de Maio de 2010, para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1, respectivamente.Haverá outra convocatória de provas para o mês de Novembro de 2010.

 

Os Cursos Livres de Galego do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho são de utilidade para quem pretende realizar as provas de obtenção do CELGA.
 
 
Para qualquer informação, podem escrever um mail para:
 
 
 

Agradece-se a divulgação desta informação.

 

CURSO LIVRE DE GALEGO A2

16 Outubro, 2009 (15:51) | Sen clasificar | No comments

cartaz Curso Livre

Comezamos un novo Curso Livre de Galego no Instituto de Letras e Ciências Humanas. Aínda podes inscribirte.

Para máis información:

inesrodo@ilch.uminho.pt

Tlfn: 253 601 660

Ramón

22 Maio, 2009 (15:29) | actividade de aula | No comments

No Curso Livre de Galego A2, algunhas persoas participaron na gravación dunha peza de teatro co título de «Ramón». Podédela ver aquí. Ramón

Parabéns para Flávia, Ana, Margarida, Hélder, Marlene, Sandra… e Isabel (que non puido estar o día da gravación mais que axudou a preparala).

Receitas

30 Abril, 2009 (18:56) | Sen clasificar | No comments

Podedes deixar aquí as vosas receitas!

Viaxe a Galiza

27 Marzo, 2009 (16:35) | Sen clasificar | No comments

No blogue do Centro de Estudos Galegos podedes ver toda a información sobre a viaxe que estamos a programar a Galiza: http://galizaembraga.blogaliza.org/viagem-a-galiza/

Anímovos a participar!

Necesito que me confirmedes canto antes a vosa intención de asistir!

A princesa que salva o príncipe

16 Marzo, 2009 (16:36) | Sen clasificar | No comments

Podedes ler xa o conto da princesa que salva o príncipe e deixar un comentario con como pensades que debe acabar a historia na páxina: A princesa que salva o príncipe.

Curso de verán de galego en Compostela

16 Marzo, 2009 (15:58) | Sen clasificar | No comments

Un ano máis a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela organizan os Cursos de Verán de Lingua e Cultura Galegas para persoas de fóra de Galiza.

Igual que nas convocatorias anteriores, a organización dispón de bolsas por importe de 450 euros cada unha que eximen do pagamento da matrícula. Asignaráselle unha bolsa a cada Centro de Estudos Galegos; e tendo en conta o número de solicitudes e o nivel dos candidatos cada Centro poderá optar a unha segunda bolsa. Só se atenderán as solicitudes enviadas dentro do prazo de inscrición que remata o día 1 de maio.

 

Podedes consultar a información en:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/folleto_cursos_veran2009.pdf

 

As persoas interesadas podedes pasar polo CEG ou enviar-me un mail a: inesrodo@ilch.uminho.pt

Encontraredes a convocatoria, co folleto informativo e a ficha de inscrición en:

http://www.xunta.es/linguagalega/actividade_nos_lectorados

Animádevos a participar!

 

As nosas mans

11 Marzo, 2009 (17:52) | Sen clasificar | 2 comments

Isto é o que din de nós as nosas mans!

Olark Livehelp